Os infatigables Mortadelo e Filemón cumplen xa 50 anos, todo un récord para estes personaxes nacidos da man de Ibáñez aló a finais do ano 1957, un cos seus dous pelos, e o outro cos seus disfraces, que fixeron, fan e, de seguro, farán rir a moitas xeracións de rapaces.
Ibáñez, o seu creador continúa agora mesmo traballando, coa mesma creatividade fresca e sorprendente que cando empezou cos persoaxes.
Temos na Biblioteca algúns libros recopilatorios destes axentes especiais da TIA, cos seus compañeiros o Superintendente Vicente, o profesor Bacterio, a señorita Ofelia... que están esperándovos para facervos pasar un rato fenomenal.
A QUE ESTADES ESPERANDO!!!
Este ano sumámonos á convocatoria de BRINQUEDIA de sacar ao camiño os peóns, como se facía sempre, no San Martiño. Así que saímos ás doce ao recreo pero cargadiños de peóns e dispostos a que bailasen durante todo o recreo.

Houbo verdadeiros mestres nesto de facer bailar ao peón, que ademáis botaron unha man ensinando aos que non sabiamos facelo tan ben... ao final, quen máis quen menos botou un bailiño co peón.
Para os máis creativos houbo un concurso, con exposición, das buxainas mellor decoradas que, como podedes ver, estivo moi reñido.
Agora, para completar o noso traballo se alguén sabe algún refrán, adiviña, poema, conto... que fale de PEÓNS, podédelo incorporar ao blog nun comentario a esta noticia.
Animádevos, fagamos bailar ao peón tamén na internet.
Dende hai xa uns cantos anos vimos celebrando a festa do Samaín; Aínda algúns pais e moitos avós recordan de facer cabazas esfuracadas e colocarlle unha vela dentro por isto da festa de Santos.
Para nós foi,a máis disto, unha oportunidade para disfrutar do
MEDO!!!
Fixádevos como os alumnos e alumnas de 4º decoraron o seu pasillo. Terrorífico, non si?
Quereriamos que coa inspiración deste mural puidesedes escribir nos comentarios algunha historia de medo, pero de medo de verdade, dese que nos deixa tatexando, titiritando cun arreguizo nas costas...
Premio para o que me faga pasar unha noite sen durmir coa súa historia!
Aínda que co tempo soleado que temos parece que estivesemos na primavera, o certo é que xa estamos no Outono. E, como todos os anos, fixemos un riquísimo Magosto. Aínda nos sobraron castañas para prantalas nos viveiros de cada clase. Habémolas coidar e logo prantar no monte, a ver se paramos tanto cambio climático.
A máis da enchenta traballamos facendo exposicións sobre o Outono, os seus froitos, as transformacións das prantas ao chegar esta época do ano... E para mostra un botón
Agora só falta que vexamos que é o que podemos ler para aprender cousas do Outono. Así que si puideches ler algún libro do Outono e che pareceu interesante, MÉTELLE UN COMENTARIO SABOROSO A ESTA NOTICIA!!!!
Agora nos comentarios a esta noticia, os alumnos e alumnas de 5ºB van escribir sobre as súas lecturas favoritas.
Nos comentarios a este artigo poderedes escribir sobre un libro que lérades e que vos gustara moito
A idea de abrir este blog da biblioteca era para ter un espazo no que poidesemos escribir os nosos comentarios sobre aqueles libros que nos motivaron coa súa lectura. Temos problemas cos autores que pretendemos sexa un autor por clase, pero non sabemos como facer para que entremos na administración do blog. Según vaiamos acadando a solución a estes problemas iremos avisando e animándovos a participar.
Deica entón.

A ver se agora vai o tema da foto. Como poderedes comprobar estou facendo, fundamentalmente probas

Traio esta foto porque dentro de moi pouco comezaremos as actividades de formación de usuarios, e normalmente facémolas comezando coa entrega de carnés aos novos lectores de infantil. Esta imaxe é do ano pasado e dende aquela (os primeiros libros que collían en empréstamo) deica hoxe moitos libros teñen lido estes nenos e nenas.
Esperemos que a colleita de lectores deste ano sexa, cando menos, tan boa como a do ano pasado.
Ben, comezamos hoxe a andaina deste blog da biblioteca do Ceip Condesa de Fenosa. Levabamos algún tempo tentando abrir un espazo na rede para o fomento da lectura, e semella que, por fin, damos comezado.
Aquí poderemos escribir as nosas opinións sobre os libros que lemos, non en plan ficha de lectura (autor, título, editorial, argumento, persoaxes...) senón como lectores aos que nos gusta partillar as nosas experiencias cos libros, comentar eses libros que nos deixaron tan impresionados que pensamos que todo o mundo debería lelos.
E vou empezar eu recomendándovos a lectura dun libriño de Ediciones de la Torre titulado Hamburguesa de Mamut (que título máis suxerente, non si?). Non é un libro de ficción, senón un repaso á historia da alimentación humana, e no que se nos dá, de paso, indicacións moi doadas de entender da evolución do home como especie.
Afortunadamente non hai, polo de agora, por aquí creacionistas deses que abundan polos EEUU (os creacionistas son xentes que negan que a vida na terra evolúe grazas ás leis propias da natureza -selección natural/evolución-) e que pretenden botar fóra das escolas a teoría da evolución. Pero non vos descuidedes, cando menos o esperemos estarán por aquí, así que debemos estar preparados, armados de coñecementos como os que nos proporciona este libro ameno e interesantísimo.
Ben, penso que como artículo inaugural abonda.
Animádevos a escribir os vosos comentarios. E sobre todo, lede moito.